martes, 5 de mayo de 2009

Non trabuquemos o nome dos nosos ríos

Na década dos sesenta, os políticos que gobernaban a Comarca do Deza, empeñáronse en intercambiar o nome dos dous ríos máis representativos da mesma: O DEZA e o ASNEIRO.
Nos anos oitenta logrouse correxir o erro. Nembargantes, os que circulamos pola AP-53, ao pasar Lalín en dirección a Ourense, cruzamos un deses ríos e vemos un cartel que pon "Viaducto del Deza".
Por se a alguén aínda lle quedan dúbidas, ocórrenseme tres razóns que defenden as súas verdadeiras credenciales.
1ª- O río Deza está formado pola unión de tres regatos nacidos ámbolos tres nas estribacións do Monte Testeiro. Un deles, toda a vecindadade o coñeceu sempre co nome de DEZA.
2ª- O río Asneiro nace nas estribacións da Pena de Francia e nas súas proximidades hai un lugar chamado Asneiros.
3ª- Na carretera de Vilatuxe a Prado, pasada a parroquia de Cristimil, cruzamos o río Asneiro vendo ao costado esquerdo unha ponte romana chamada desde a súa creación - xa choveu- "Ponte Asneiro".
Para rematar, se estas tres razóns non son suficientes, ainda temos outra moi poderosa: Os de Vilatuxe, Barcia, Anseán... sempre lle chamaron aos de Parada, Laro, Oleiros... os de "Trasdeza, e estos chamaban aos da outra banda do río, Os de Deza. Esto demostra claramente que o Río é o poseedor do nome.